18/09/2008

Conselleira de educación: SUSPENSA

É unha das grandes descoñecidas do goberno Touriño. É unha das conselleiras menos coñecidas da Xunta de GaliZa. E non me extraña. As ordes do seu partido (si se lle pode chamar partido ao PsdeG-PsoE) irían na liña da táctica da avestruz: agocha a cabeza, que non te vexan.

E non é de extrañar. Poucas son as medidas desatinadas que esta muller está levando a cabo:
Non velar polo cumplimento do decreto do galego nos bacharelatos, Subir as taxas académicas na universidade, reformular dito sistema de taxas para que pagues cada ano máis, meter de cheo a Galiza no EEES, aplicar un novo decreto para meter máis relixión e menos filosofía no bacharelato, etc. etc.

Pero hoxe, lemos a prensa e sorprendémonos, que en Arzúa tamén están un pouco mosqueadiñ@s con ela:

Dimite en pleno a directiva do IES de Arzúa pola falta de profesorado Educación notificou a dous días de empezar o curso que denegaba dous docentes para segundo e terceiro de ESO [La Voz]

Logo un, que segue a ler a prensa ve outra nova relacionada coa conselleira en cuestión:

Centos de profesores concéntranse ante Educación para protestar contra o despedimento de profesores interinos [GzNacion]

Novas relacionadas:
Máis de 300 profesores e profesoras concéntranse contra os despedimentos dos interinos e interinas CIG-Ensino exixe a súa recolocación e que se dea solución aos problemas existentes
[CIG-Ensino]

No comments: