22/08/2008

Todo é ilegal

@s que estamos afeitos a ver novas sobre a vila de Arzúa, sabemos que a maioría das cousas que hai nese concello son ilegais.
Dende a praza da vila, que se chama Praza de Galiza (ojo con Z), ou un PXOM tamén ilegal, pasando pola Festa dos Botes (que trae grupos de rock que posiblemente presuntamente hacen, quizás quien sabe, apología al terrorismo) ata os turistas que veñen no verán dende Barakaltown ou terras terroristas similares.
Pero dende o ceo, aquí na estación percatámonos dunha cousa que rápidamente o PP local se encargou de sinalar:
É MOI POSÍBEL QUE O PARQUE ONDE XOGAN @S NEN@S SEXA ILEGAL!

Din as malas linguas que hai moitos nen@s no parque que falan galego, e iso é o peor que lle podería pasar ás nosas criaturas, que falaran con eses monstruos (que tamén deberían de ser ilegais) e rematasen falando ese burdo dialecto del noroeste.
Xa o dicían Marx e Engels (o gran esquecido) Nais e pais de todos os países: unídevos!!
Buf, non queremos nin pensar o que vai iser cando en Arzúa monten unha Galescola (que rima con ikastola)

Evidentemente, daríadesvos conta, que estamos emitindo dende o ceo unha entrada de coña, ninguén podería dicir que o parque de Arzúa é ilegal... ninguén? Estades segur@s?

Noticia real de La Voz de Galicia:
O PP cre que o parque infantil de Arzúa está nunha situación ilegal

1 comment:

Anonymous said...

Este blog tamén debería ser ilegal.
Abofé que si.

Un saudo cosmonáutico!