02/08/2008

Que pasaría?

Inaguramos dende o ceo nova sección, imoslle chamar, que pasaría? é a sección da historia ficción, onde relataremos o que pensamos que sucedería en Arzúa, ante calquer outro acontecemento que sucede fora das fronteiras do Concello.

Para comezar esta sección, centrarémonos na traxedia ocurrida en Melide fai uns días onde un camión nun accidente, verqueu 7000 kilos de alquitrán nun río. (Podes seguir o acontecido no blog de Riki)

Agora soltamos a pregunta:
Que pasaría se ese camión se accidentase, por exemplo, no Río Iso en Arzúa?

DÍA 1: PSOE e PP correrían a ver quen gañaba antes a carreira de mandar un comunicado a radio. Sen nen tan sequer mirar o estado do río, nen achegarse ata alí sacarían un comunicado de radio e prensa no que en primeiro lugar pedirían responsabilidades ao goberno.

Día 2: Tras ver a prensa e observar que non lle fan nin puto caso, prenden a Radio sabendo que aí si recollerán as súas demandas.

A páxina web do PP de Arzúa (por non dicir blog que é o que realmente é) actualizaríase co comunicado e cunhas fotos da catástrofe. Porían unha imaxe grande no lado dereito de ALCALDE DIMISIÓN.

Día 3: agardarían con paciencia o ruxe ruxe da poboación e ao ver que non se monta unha revolución comezan a chamar á súa axenda de plataformistas. Da igual polo que sexa, hai un clube de fans sempre disposto a protestar contra o alcalde (sexa por a presencia de Felix, O catalán, a liberdade do Tibet, sexa por o PXOM, a tarifa do lixo, o cambio climático...). Unha vez feitas as pertinentes chamadas, deciden pasar a acción.

Día 4: o responsábel de propaganda do PSOE e das plataformas varias faría o seu traballo. Volantinas nos parabrisas dos coches, en especial e con máis saña nas da xente do BNG de Arzúa. Megafonía todo o día polo pobo chamando á concentración. Entre frase e frase o gran hit de Manolo Escobar "Mi carro".
Os artistas da propaganda escollerían un lema que rimase como por exemplo "Con chapapote non hai defensión" utilizando a palabra favorita desta xente.
A concentración será coma sempre, domingo á saída da misa, para pillar unha foto coa xente saíndo e parecer que eran máis de seis.

Día 5: 40 personas (400 según a plataforma, a oposición e os medios de comunicación) concéntranse na plaza. O público unha vez máis é un público xuvenil. As forzas vivas do pobo reclaman unha vez máis xustiza. Un lider local dos tantos que temos (JP, JCC, ...) colle o micro que lle puxo o Concello e comeza a arremeter contra el. O público aplaude.
Frases como alcalde dimisión, con chapapote non hai defensión, Xaquín Nunca máis, ou BNG al paredón repítense durante media hora.


Días 5, 6, 7, ... ata o 15: todo segue coma sempre, o Concello volve a súa normalidade e o Río Iso xa está limpo. (a pesares de que tardará anos en recuperarse)

Día 15: Pleno ordinario. No turno de palabra da oposición, a portavoz dos indePPendentes fai unha lectura dun comunicado. Poñen ao alcalde caer dun burro, piden a súa dimisión, e despois de chamarlles fascistas ao grupo de goberno, erguense (algúns puño en alto) a berrar a consigna "Con chapapote non hai defensión" o responsábel de propaganda achégase a eles e desprenden unha pancarta no salón de plenos do Concello. A pancarta porá algo totalmente incoherente pero que importa, o importante é berrar.
Día 16: os medios de prensa recollen a noticia.

Día 19 (martes): Tierras de Santiago recolle a nova, e unha "xornalista" danos unha lección de ética, moral, y saber estar, a todos e todas os lectores desa folla parroquia.

No comments: