
Manipula que algo queda...
... ou iso deberon pensar as e os responsábeis do PP Arzuán ao poñer na súa web e mandarlle aos medios algunha que outra foto que, digamolo de maneira sutil, falsea á verdade.
A foto en cuestión é esta que se presenta, que poidemos ver con claridade en La Voz de Galicia e que tamén se atopa no blog do PP local.
Calquera de nós pode ir hoxe mesmo a Burres, e mirar se na pista deportiva que se nos presenta na foto hai ese tobogán tan bonito (retirado dende fai aproximadamente un ano) ou ese boquete no chan.
Estes do PP deben pensar que somos tod@s parv@s, senón non lle atopo explicación. Xa o di o refraneiro, pensa o ladrón, que son todos da súa condición...
Dende o "truco fotográfico" de sacarlle catro fotos ao mesmo bidón de aceite para dicir que había un vertedoiro nunca tal cousa vira.
Quen sabe o que nos deparará o futuro...?
Ampliación:
O goberno de Arzúa acusa á portavoz do PP de mentir sobre o estado da pista deportiva de Burres. (La Voz de Galicia)
2 comments:
son realmente uns manipuladores. Ao PP nin auga nin tregua! xD
Saúdos!
Como teñen collóns a publicar unha foto de fai un ano?
Post a Comment