
Dende o espazo exterior sorprendémonos cada día máis ao ler a prensa.
Desta vez son as novas que conteñen a expresión «lo más ético y saludable democráticamente» as que chamaron a atención dos nosos cosmonautas.
Poderíamos sinalar esta frase como a frase da semana. E logo?
Porque sen ter nada que ver, o partido do GAL en Arzúa (o PSOE) coa "Plataforma veciñal" (que por ser non é nin plataforma, nin asociación nin nada que vaia máis aló dunha pancarta) ambolos dous se manifestaron nestes termos na prensa.
Manda truco, a verdade e que o termo saudable democráticamente é de coña, é de coña se o di JP (o portavoz do PSOE en Arzúa) ou o di a plataxunta do PXOM.
Alguén podería explicar o significado desa expresión?
En fin, que a estas alturas non enganan a ninguén. Xa aburre o conto. Como dicía algún, mesmos cans, distintos colares (por non dicir mesma merda distinto montón que tamén valdría para o caso.)
«lo más ético y saludable democráticamente»
PSOE dixit. (La Voz de Galicia 19/7)
«lo más ético y saludable democráticamente»
Plataxunta dixit. (El Correo Gallego 20/7)
Hai, probe PP de Arzúa como non espabile, vaille comer o PSOE as papas todas (todas que son dous míseros platiños, - si manolete levantara la cabeza...)
Seguiremos (des)informando.
No comments:
Post a Comment