13/10/2008

Recuncho literario

Nace unha nova sección neste blog, o recuncho literario. Dende aquí, irei comentando e recomendando libros que imos lendo na base espacial e que nos chaman á atención.

Para inagurar esta sección comezarei cun libro un tanto atípico.

Título: ¡Viva el Mal! ¡Viva el Capital!
Autor: Santiago Alba Rico
Editorial Virus, 1992
155 páxinas











O libro en cuestión é unha selección de guións da serie para nen@s Los electroduendes, 12 guións deses bichiños saltinbanquis que se foron a convertir nunha especie de fábula de marxismo satírico para moit@s nen@s.

Lectoras e lectores deste blog, non recordarán xa os electroduendes, outr@s moitos si.
Os máis pequerrech@s recordábamolos como un simple programa para nen@s dentro de La Bola de Cristal. As nosas nais sabían e saben, que detrás desas marionetas, había moito máis que un simple programa para nenos.
Pero a ninguén lle importaba.
Ninguén temía por que un neno de catro ou cinco anos se volvese un bolchevique militante mirando a televisión. Iso non ía suceder.
Hoxe pasa todo o contrario. Como ben di na contracapa do libro, un mundo en crise, é un mundo que non se deixa caricaturizar. Hoxe en día a programación para as crianzas e estúpida, sen contido, sen crítica, sen ironía, sen nada que procure despertar o máis mínimo sentido dun cativo.
So mirar, e pasmar para os coloríns. E aínda así, non deixan os coloríns de ter problemas.
Se un "teletubi" e lila, os nenos que miran para el van saír maricóns, se dous "lunis" do mesmo sexo se casan idem. A polémica está servida. Como vedes, os programas para pícar@s hoxe en día tamén estan politizadisimos.

La Bola de Cristal en xeral, e Los electroduendes en específico eran outra cousa.
A crítica, a suspicacia, a ironía, dos seus realizadores e guionistas non deixaban títere con cabeza; a lei corcuera, a reforma do código penal, o sistema de clases, o imperialismo, ... todo esto era cuestionado a través dunhas feas marionetas que encarnaban aos trasnos da modernidade.
O personaxe malvado da serie, A bruxa avería, era a representación mesma do capitalismo, Viva el Mal, Viva el Capital! expresión que da título a esta obra, era a frase que máis dicía a malvada bruxa.

Hoxe en día, un programa así para nen@s sería inconcevíbel, incluso o rock en galego foi demasiado subversivo para o noso presidente, e así mandou chapodar o que era o clube xabarín.
Houbo un tempo (que durou ben pouco) na que @s nen@s do Estado Español tiveron un chisco máis de sorte.


No comments: