24/10/2008

pres@s e incomunicación

Moit@s de nós vimos a pelicula En el nombre del padre. A maioria quedamos conmocionados despois da película. Como podían os británicos secuestrar a unha persona durante non sei cantos días sen proba ningunha, sen poder falar cun avogado? Como se atrevían a secuestrar e torturar a unha persona ata facela asinar unha sentencia?
Que aberración!
Afortunadamente, iso era antes, nun país remoto, en Inglaterra, aquí (pensabamos de pequen@s) vivimos nun rexime de liberdades e garantías democráticas nas que non se consentiría tal cousa.

Desgrazadamente, o neno de EXB que viu esa película equivocábase. Mas non era a súa culpa, el non tiña por que saber o que os medios e os políticos medios nos ocultan.
A incomunicación, tamén e unha realidade no estado español.
Estes días foron uns días no que o tema volveu a sair ao debate. Desta vez non foi ningunha persoa de Amnistía Internacional, nin ningunha representante dun organismo antirepresivo, nin unha rolda de prensa dos terroristas de Batasuna.
Desta vez foi Martin Scheinin, o relator especial da ONU para os dereitos humans e a loita antiterrorista o que sacou o tema a palestra.
Este señor, que non ten pintas de ser un izquierdista radical islamista recordoulle ao goberno do PSOE o que moit@s dende o Estado español e dende fóra das súas fronteiras se viña denunciando.
Por agora, creo que non houbo resposta por parte dos dirixentes políticos nin pola "oposición"

Ver nova completa: (insurgente)

Bonus Track

Hautsitako Leihoa: un pequeno documental dirixido por Eñaut Tolosa e Hammuid al-Rahmoun que se centra na aplicación da Lei do Menor a mozas e mozos de Euskal Herria acusados de participaren na Kale Borroka.










1 comment:

Anonymous said...

E que te podes esperar de Zp e os seus secuaces? Estiven buscando pero non atopei o link, o outro dia Spain saía de 17 na clasificación de paises con máis denuncia de tortura de presos,están en Champions League, e según algunha ONG(das que non me fio un pelo) subindo postos na clasificación.

En fin,país.

Saudos