23/09/2008

Arzúa terra de pan


A sega, a malla, a moenda e a fornada compuñan en Galiza o ciclo anual da recolleita e manufactura tradicional do pan trigo e do pan de centeo. Ao redor destas xornadas de traballos rurais desenvolvíanse unha boa parte das relacións e da participación das persoas nas súas comunidades.
O audiovisual "Arzúa: terra de pan" amosa a recuperacion destas tradicións, da man da Asociación Ánxel Casal de Arzúa. Todos os anos as veciñas e veciños dunha parroquia dun concello, rememoran o que xa hoxe é unha festa da labranza na que interveñen vellos e novos, mulleres e homes, os emigrados e aqueles forasteiros que se achegan a botar unha man e xantar co pan de Arzúa.
É unha producción do CIDACOM para a Asoc. Anxel Casal, patrocinada pola Sociedade para o desenvolvemento Comarcal de Galiza e a Consellería de Medio Rural.
Esta é a sipnose que nos prseenta o DVD "Arzúa, terra de pan" un documental de algo máis de 15 minutos que nos amosa como se realiza a máis importante actividade anual da asociación Ánxel Casal de Arzúa: As xornadas do pan.

Agora, dende M993 tod@s aqueles que non dispoñan deste DVD, poden velo na rede. Agardamos que o disfrutedes!




[arquivos adicionais:] [picar nas imaxes para ampliar]



2 comments:

Aitor said...

Pantinhobre mellor que Hollywood.
Viva a URSP!!

MORA ASKATU!

Anonymous said...

Ao pan pan,e ao BNG nin auga nin tregua