22/07/2008

A foto da semana

Inagurabamos o blog coa sección "a frase da semana" continuo cun apartado similar, titularémolo "A foto da semana".
Desta vez, os cosmonautas decidimos que a foto da semana sería unha das tres que ilustran a nova sobre o pleno de Arzúa celebrado o pasado luns. Sinalamos nela os aspectos máis significativos e numerámolos para que ninguén se perda.






Elemento1: Concelleira de AIA. Encargada de ler o "manifesto" xustificando a súa irresponsabilidade de ausentarse do pleno. Cabe dicir que despois de ser socialista de toda la vida (sic.) pasou a ser concelleira do PP cando Manolete lle pideu ir nas súas listas e logo liderou unha escisión (Agrupación Independente de Arzúa, AIA) despois de intentar usurparlle o cargo ao lexítimo sucesor del, o concelleiro N.E.C.
Elemento2: Responsábel de Prensa de asociacións varias (reparte panfletos de plataformas, do Partido do GAL...) é o único non concelleiro na foto. Resulta extraño velo no lugar dos políticos e políticas no pleno.
Elemento3: palabra inventada pola plataforma. "Defensión" dise do acto de ... vai ti a saber. Demostra moi ben quen son estes polític@s a plataforma que representan, amosando que non teñen interese nin pola lingua na que se expresan.
Elemento4: Portavoz do PP e presunta autora do blog oficial deste partido en Arzúa no que se pode ver de todo, comentarios racistas incluídos.
Elemento5: Concelleiro do PSDG-PSOE en Arzúa. Exerceu como concelleiro nacionalista (que non do BNG) noutros momentos da vida municipal. Votou a favor do plan urbanístico do 86 no que non houbo nin exposición pública, nin consensos, nin alegacións nin nada de nada.

Podes ver a nova na que sae a foto na páxina web de La Voz de Galicia.
Podes ver a nova do mesmo tema no Correo Gallego, que tamén ten unha foto sen desperdicio.

No comments: