03/02/2009

Quien te ha visto y quien te ve

A continuación, un cartaz eleitoral (antigo) do nº 2 do PP pola circunscripción eleitoral d´A Coruña.

31/01/2009

gallego = la ETA

Pois si, para @s señoras e señores da asociación española AVT (Asociación de Víctimas del Terrorismo) apoiar a lingua galega é sinónimo de apoiar a ETA. [Ver nova en Xornal.com]
E isto ven a conto porque a AVT fixo público que acudirá a unha manifestación galegófoba convocada por Galicia Bilingüe. A resposta desta última organización non ten desperdicio tampouco, para esta xente, as afirmacións da AVT non son máis que un xesto de solidariedade con Galicia Bilingüe [ver nova en Galiciae].
Namentres tanto, o PP de Galicia di que vai acudir a dita manifestación, para impedir que ás crianzas se lles separe polo seu idioma [ver en El País] e todo isto sen deixar de afirmar que "son galeguistas e van ir ás eleccións coa cara descuberta" [ver en Vieiros]
Outras das organizacións que apoian a manifestación é Tan gallego como el gazpacho que chama a un Alzamento popular contra la legalidad [ver].

Dende M993 ante todo isto, non pode facer máis que rirse (por non chorar) do tema cun debuxiño:

27/01/2009

Evo, amigo, o pobo dixo SI!



Evo Morales: “Aquí terminó el estado colonial”
+ info: aquí (inSurGente) aquí (aporrea -contén outro video-)
N´oraboa a todo o pobo Boliviano.
Unha gran nova para tod@s @s antiimperialistas do mundo!

13/01/2009

Allariz, aquel agosto do 89

En M993 estamos de estrea, de vez en cando iremos deixando aquí algún documental que consideremos que mereza a pena.
Comezamos con Allariz, aquel agosto do 89, documental que nos narra a través de entrevistas, imaxes do 89 e unha mesa redonda entre veciñ@s como foi a chamada "revolta de Allariz"
Boa vista!

10/01/2009

unha imaxe, 800 mortos.

Non hai nada máis aclaratorio que unha imaxe.
Desde esta páxina que recolle os datos emitidos pola BBC, amósanos un tráxico contador. O contador de mortes nesta última agresión do estado de Israel a Gaza.
A imaxe a tal hora é a que segue:


Arriba, no primeiro bloque, @s mort@s israelís, e a continuación, no segundo, @s mortos palestinian@s.

30/12/2008

Catro imaxes valen máis que mil palabras.

ETAPA 1 (1917-1946). Imaxe da esquerda. O 2 de novembro de 1917, o Reino Unido fixo pública a Declaración de Balfour, pola que se declaraba favorábel aos plans sionistas de crear un fogar nacional xudeo en Palestina. Despois da Primeira Guerra Mundial, a Liga de Nacións aprobou o Mandato Británico de Palestina coas intencións expuostas. Comeza a entrada continuada de xudeos en Palestina.
ETAPA 2. Imaxe da dereita. En 1947, a Organización das Nacións Unidas aprobou a partición de Palestina en dous estados, un xudeo e un árabe.

ETAPA 3 (1949-1967). Image da esquerda. O 14 de maio de 1948 expirou o Mandato británico de Palestina. Acto seguido, os xudeos proclamaron a independencia do Estado de Israel na súa parte do territorio outorgada polo Plan de Partición das Nacións Unidas (1947). Tras a Guerra árabe-israelí de 1948, en 1949 Israel aumentou o seu territorio en cerca de un 23% máis do asignado inicialmente polas Naciones Unidas. En 1967 tivo lugar a Guerra dos Seis Días, na que Israel lanzou un ataque preventivo contra Exipto, Siria e Jordania. Os israelís tomaron o control de Cisxordania e Gaza, conquistaron os Altos do Golán (Siria), a península do Sinaí e anexionaronse Xerusalén Este (incluida a Ciudade Vella).
ETAPA 4 (1968-2000). Imaxe da dereita. Até 1977, crearonse 30 asentamientos de colonos xudeos nos que vivían unos 5.000 habitantes. En 1978, tras os acordos de Camp David, Israel devolveu o Sinaí a Egipto. En 1980, Israel promulga unha lei que declara que todo Xerusalén, incluida la parte oriental y una amplia zona periférica, como «capital eterna e indivisible» del Estado de Israel.


Non fai falla emitir ningún xuizo de valor, vendo a historia, os datos incuestionábeis, e as imaxes dos mapas territoriais, queda bastante claro quen son os terroristas no conflito xudeo-palestiniano.

24/12/2008

no nadal do 2009

Parece ser que @s do PP de Arzúa están un pouco despistad@s, parece que non saben nin no ano no que viven.
Dende a súa páxina web, desexánlle aos seus visitantes, un feliz nadal 09.


Así lles vai, pobres.

01/12/2008

Fraga, ese fascista (máis unha vez)


"Franco era severo, pero nunca fue un criminal que yo sepa"
Manuel Fraga, intervención nun taller chamado "Escuela y Democracia".
ver a nova completa aquí (Diario del alto Aragón)

25/11/2008

A pequena morte

A petite morte, ou le petit mort traducido ao galego como a pequena morte, é un termo usado para designar o momento no que algunhas mulleres ao acadar o orgasmo perden a conciencia durante uns segundos e se queda en coma durante uns instantes.
O orgasmo femenino tamén é chamado por outr@s a fermosa agonía.
Con estes termos xoga o seguinte anuncio dunha marca de productos eróticos.

Non deixa de ser un anuncio publicitario, pero dende aquí, non facemos máis que recomendarvos que o vexades.